EDUCACIÓN MUSICAL
6º PRIMARIA
A MÚSICA NA REDE
1.Explica que quere dicir "música en streaming".
2. Escribe algún exemplo dalgunha plataforma de "música en streaming".
Outras plataformas permítennos mercar temas musicais ou álbumes, de modo que podemos almacenar e escoitar esta música noutro momento. Son as plataformas de música dixital en descarga.
3.Escribe 2 exemplos de plataformas de música dixital en descarga.
Podes consultar aquí: a música na rede.
A MÚSICA TEN FORMA
Igual que as edificacións ou as esculturas, a música que escoitas
ten unha forma. Trátase da estrutura ou a organización e pódese
apreciar cando soa.
Presta atención á música dos seguintes anuncios:
- 4. Fíxate na forma musical e, a continuación, completa a ficha de audición sobre un dos exemplos sonoros que acabas de escoitar.
- 5. Ao rematar intenta responder a esta pregunta: Que é o que fai que a peza elixida sexa tan recoñecible e teña tanto gancho?
O jingle é unha peza musical breve creada para servir a unha marca, con fins publicitarios.
- 6. Para promocionar o Día do libro, que se celebra o 23 de abril, teredes que interpretar un jingle con esta música, e crear unha letra que lle encaixe e resulte chamativa. Do que se trata é de que animedes a ler aos vosos compañeiros.
- As actividades mándaas á seguinte conta de correo: musicaceiplourido@gmail.com.
Podes mandar un vídeo ou un audio co jingle. As outras actividades podes envialas cunha foto, captura de pantalla, por escrito, .....
No hay comentarios:
Publicar un comentario