sábado, 2 de mayo de 2020

NOVAS ACTIVIDADES 1º PRIMARIA


CONTO MUSICADO A CINCENTA preme aquí abaixo, na frecha   




CANCIÓN RUKEDIGAK preme aquí abaixo, na frecha









Preme enriba de cada baile para ver o vídeo:

Jota aragonesa

Pasodoble 

Muiñeira 

Sevillanas 

Chotis 

Vals 






A


B


C


D





As actividades podedes envialas á seguinte conta de correo mediante fotografías :
musicaceiplourido@gmail.com













domingo, 26 de abril de 2020

ACTIVIDADES 1º PRIMARIA


AS NOTAS MUSICAIS










A PELOTA SALTA E BOTA




preme aquí:Danza húngara (vídeo)


preme na frecha (audio)





As actividades podedes envialas á seguinte conta de correo mediante fotografías :
musicaceiplourido@gmail.com

ACTIVIDADES 2º PRIMARIA



preme aquí:Detrás do arco da vella (vídeo)

preme na frecha(audio)


Nota Fa








Inventamos letras para ritmos
Tes que facer coincidir a figura que ten o acento musical (>) coa sílaba tónica (onde recae a forza) de cada palabra.





                                          preme aqAni Kuni (vídeo)

preme na frecha(audio)





Obradoiro de instrumentos





vídeo: Danza do oso (danza)

     vídeo: Danza do oso (percusión)

preme na frecha(audio)




preme aquí: Sinfonía dos xoguetes (vídeo)


preme na frecha(audio)



Continúa. Preme aquí debaixo en Leer más.

viernes, 24 de abril de 2020

ACTIVIDADES 3º PRIMARIA



EDUCACIÓN MUSICAL

3ºPRIMARIA

preme aquí: Alma barca (vídeo)

1. Escoita o tema Alma Barca de Carlos Núñez seguindo a forma:
 I - A - A´- B - B´-C - C´- A - A´ 

2. Acompaña a música con algún instrumento de percusión que teñas na casa ou con algún obxecto (bote, culler, tapadeira, tarteira, caixa.....)que che permita acompañar a melodía, marcando con el os pulsos fortes. Fíxate ben nos debuxos que tes debaixo.

3. Fai a coreografía que aparece nos debuxos. Podes facelo ti so ou coa túa familia.

preme aquí debaixo na frecha para escoitar o audio






Guillermo Tell (vídeo)

1. Escoita a Abertura Guillermo Tell do compositor Rossini seguindo o musicograma que tes aquí a continuación.

2. Con axuda dalgún instrumento de percusión ou obxecto que teñas na casa, acompaña a audición seguindo o esquema que aparece no musicograma.
Fíxate ben nos signos de repetición (II:   :II).

preme na frecha que tes debaixo para escoitar o audio








preme aquí: Eram sam sam  (vídeo)

1. Escoita a música seguindo a forma que aparece na imaxe.

2. Canta a canción acompañado da música.

3. Imita os xestos que aparecen nos debuxos mentres cantas a canción.

                      preme na frecha de abaixo para escoitar o audio





Nota re´
  • Fíxate: A nota re aguda (re´) colócase na cuarta liña do pentagrama.
1. Debuxa, en redondas, as notas do´e re´no pentagrama.

2. Completa a canción Ron, ron, ron colocando as figuras que saíron do pentagrama no seu sitio






Novas actividades
3º Primaria



Escoita a canción Spring is here preme aquí




Escoita: Foliada de Castrelo preme aquí

Escoita: Pasando pola vila de Arzúa preme aquí






  • Clasifica os seguintes instrumentos tradicionais por familias: vento, corda ou percusión.




  • Pincha nos números que tes debaixo e relaciona cada melodía coa súa imaxe.

1             2               3                4                 5                   6






As actividades podedes envialas á seguinte conta de correo mediante unha foto ou un vídeo: 
musicaceiplourido@gmail.com

miércoles, 22 de abril de 2020

ACTIVIDADES 4º DE PRIMARIA


Educación musical

4º Primaria 


Déixovos aquí un musicograma do compositor Manuel de Falla correspondente á peza El fuego fatuo. Escoitade o audio e seguide o musicograma.

Preme aquí: El fuego fatuo (vídeo)



Preme na frecha para escoitar o audio





Interpretación musical:

  1. Coloca os acentos e as liñas divisorias. Acompaña con percusión.
  2. Coloca os acentos e recita o trabalinguas.





Os signos de prolongación:

1.- Completa os recadros (Actividades 1 e 2)





Xogamos e inventamos letras:

Preme aquí para ver o vídeo: Pasa Perico 

Preme na frecha para escoitar o audio


Continúa. Preme aquí debaixo en Leer más

lunes, 20 de abril de 2020

ACTIVIDADES PARA 5º DE PRIMARIA

Educación musical

5º Primaria

Cóntame unha canción




O conto musicado é unha narración breve para nenos na que se introducen sons,  instrumentos e pezas musicais como acompañamento.


 

                          Escoita o conto de Pedro e o lobo .
                       


Unha canción pode contar unha historia





Saberías explicar unha historia axudándote da música?





Mickey Mouse, aprendiz dun mago, quere facer maxia, pero os seus coñecementos son tan limitados que acaba meténdose nunha grande embrolla.
Para representar aos personaxes e as escenas, utilízanse varios efectos e pezas musicais de música clásica. Descubre como se relacionan música e animación para crear o teu conto musicado.






Observa este extracto de vídeo da película de animación Fantasía, de Disney, no que podemos escoitar unha peza de Paul Dukas titulada O aprendiz de bruxo (The Sorcerer's Apprentice) e presta atención ao que sucede en cada escena e a como se relaciona a música coas accións e os personaxes.
preme aquí:  O aprendiz de bruxo 

Fíxate nos personaxes que aparecen e nas escenas ou accións que observas no vídeo. Por exemplo, o bruxo facendo maxia, Mickey camiñando felizmente, a vasoira cobrando vida…

 1. Anota os efectos sonoros que escoitas, así como as cualidades do son que se aplican á música en cada caso:
  • Altura: notas agudas ou graves.
  • Timbre: que instrumentos identificas.
  • Duración: ritmo da melodía (lento, rápido).
  • Intensidade: piano, forte, etc.
2. Finalmente, relaciona cada parte da peza musical e as características musicais cun personaxe e/ou escena.


 Contamos unha historia a través da música?

Observa 30-40 segundos de cada vídeo para analizar distintos personaxes e escenas, asociadas a distintos efectos, instrumentos e pezas musicais:
Exemplos:
  • En Brancaneves a canción leva un ritmo tranquilo e alegre, con voz aguda, de intensidade suave, sons de paxariños, etc.
  • Os animais da película de Tarzán utilizan todos os instrumentos que atopan para facer percusión, cun ritmo acelerado e pouco coordinado, con intensidades fortes e suaves, para armar alboroto.
  • Na escena do Rei León reprodúcese a música de intensidade forte, con notas graves, instrumentos de percusión e de corda ou efectos sonoros como, por exemplo, gritos.
3. Anota os recursos (cancións, grabacións, sons e instrumentos), que te  chamaran a atención para crear o teu propio conto musicado. Desta maneira, poderás tomar ideas sobre que personaxes ou escenas representar e con que materiais e instrumentos musicais levar a cabo os acompañamentos (podes utilzar calquera instrumento ou obxecto que teñas na casa).
Tes á túa disposición estes enlaces, correspondentes á web Elongsound e á canle de YouTube Free Sounds Effects, para buscar algúns efectos ou sons que che poidan resultar interesantes.



  • As actividades podes envialas á seguinte dirección: musicaceiplourido@gmail.com 


Podes mandar un vídeo co conto musicado e as outras actividades mediante foto, por escrito, .....

domingo, 19 de abril de 2020

ACTIVIDADES PARA 6º DE PRIMARIA

EDUCACIÓN MUSICAL

6º PRIMARIA

A MÚSICA NA REDE


Existen varias plataformas de música na rede. Algunhas son plataformas de música en streaming.
1.Explica que quere dicir "música en streaming". 
2. Escribe algún exemplo dalgunha plataforma de "música en streaming".    

 Outras plataformas permítennos mercar temas musicais ou álbumes, de modo que podemos almacenar e escoitar esta música noutro momento. Son as plataformas de música dixital en descarga.

3.Escribe 2 exemplos de plataformas de música dixital en descarga.

Podes consultar aquí:  a música na rede.  



A MÚSICA TEN FORMA

Igual que as edificacións ou as esculturas, a música que escoitas ten unha forma. Trátase da estrutura ou a organización e pódese apreciar cando soa.
Presta atención á música dos seguintes anuncios:
  • 4. Fíxate na forma musical e, a continuación, completa a ficha de audición sobre un dos exemplos sonoros que acabas de escoitar.
  •  5. Ao rematar intenta responder a esta pregunta: Que é o que fai que a peza elixida sexa tan recoñecible e teña tanto gancho?


O jingle é unha peza musical breve creada para servir a unha marca, con fins publicitarios.
  • 6. Para promocionar o Día do libro, que se celebra o 23 de abril, teredes que interpretar un jingle con esta música, e crear unha letra que lle encaixe e resulte chamativa. Do que se trata é de que animedes a ler aos vosos compañeiros.


  • As actividades mándaas á seguinte conta de correo: musicaceiplourido@gmail.com.


Podes mandar un vídeo ou un audio co jingle. As outras actividades podes envialas cunha foto, captura de pantalla, por escrito, .....



jueves, 16 de abril de 2020

viernes, 3 de abril de 2020

CANAL DE VÍDEOS DE FRAUTA PARA PRIMARIA


 Vectores, imágenes y arte vectorial de stock sobre Niño Flauta ...

Nesta nova entrada presentamos un canal de vídeos de frauta para alumno/as de primaria.
Hai moitas cancións moi coñecidas por todo/as e con diferente nivel de dificultade. Entre elas están varias cancións dos Beatles.
Moito ánimo!

vídeos de frauta    
 

INSTRUMENTOS MUSICAIS RECICLADOS


    




Benvido/as de novo ao noso blog musical!

Temos aquí este enlace para que poidades facer un montón de instrumentos con materiais de refugallo.

Ánimo e mans á obra.

Un saúdo para todo/as!

instrumentos musicais reciclados 

       

viernes, 27 de marzo de 2020