Educación musical
5º Primaria
Cóntame unha canción
O conto musicado é unha narración breve para nenos na que se
introducen sons, instrumentos e pezas musicais como
acompañamento.

Escoita o conto de Pedro e o lobo .

Unha canción pode contar unha historia
Saberías explicar unha historia axudándote da música?
Mickey
Mouse, aprendiz dun mago, quere facer maxia, pero os seus coñecementos
son tan limitados que acaba meténdose nunha grande embrolla.
Para representar aos personaxes e as escenas, utilízanse varios efectos e pezas musicais de música clásica. Descubre como se relacionan música e animación para crear o teu conto musicado.
Para representar aos personaxes e as escenas, utilízanse varios efectos e pezas musicais de música clásica. Descubre como se relacionan música e animación para crear o teu conto musicado.
Observa este extracto de vídeo da película de animación Fantasía, de Disney, no que podemos escoitar unha peza de Paul Dukas titulada O aprendiz de bruxo (The Sorcerer's Apprentice) e presta atención ao que sucede en cada escena e a como se relaciona a música coas accións e os personaxes.
preme aquí: O aprendiz de bruxo
Fíxate nos personaxes que aparecen e nas escenas ou accións que observas no vídeo. Por exemplo, o bruxo facendo maxia, Mickey camiñando felizmente, a vasoira cobrando vida…
Fíxate nos personaxes que aparecen e nas escenas ou accións que observas no vídeo. Por exemplo, o bruxo facendo maxia, Mickey camiñando felizmente, a vasoira cobrando vida…
1. Anota os efectos sonoros que escoitas, así como as cualidades do son que se aplican á música en cada caso:
- Altura: notas agudas ou graves.
- Timbre: que instrumentos identificas.
- Duración: ritmo da melodía (lento, rápido).
- Intensidade: piano, forte, etc.
Contamos unha historia a través da música?
Observa
30-40 segundos de cada vídeo para analizar distintos personaxes e
escenas, asociadas a distintos efectos, instrumentos e pezas musicais:
- Os antagonistas do Rei León en situacións de perigo.
- Brancaneves cantando felizmente cos animais.
- A fada máxica da Cincenta realizando un feitizo.
- Mulán nunha escena de loita.
- Ariel cantando con animais mariños alegremente no fondo do mar.
- Os animais da película de Tarzán producindo alboroto.
- En Brancaneves a canción leva un ritmo tranquilo e alegre, con voz aguda, de intensidade suave, sons de paxariños, etc.
- Os animais da película de Tarzán utilizan todos os instrumentos que atopan para facer percusión, cun ritmo acelerado e pouco coordinado, con intensidades fortes e suaves, para armar alboroto.
- Na escena do Rei León reprodúcese a música de intensidade forte, con notas graves, instrumentos de percusión e de corda ou efectos sonoros como, por exemplo, gritos.
Tes á túa disposición estes enlaces, correspondentes á web Elongsound e á canle de YouTube Free Sounds Effects, para buscar algúns efectos ou sons que che poidan resultar interesantes.
Podes mandar un vídeo co conto musicado e as outras actividades mediante foto, por escrito, .....
- As actividades podes envialas á seguinte dirección: musicaceiplourido@gmail.com
Podes mandar un vídeo co conto musicado e as outras actividades mediante foto, por escrito, .....
No hay comentarios:
Publicar un comentario