EDUCACIÓN MUSICAL
3ºPRIMARIA
1. Escoita o tema Alma Barca de Carlos Núñez seguindo a forma:
I - A - A´- B - B´-C - C´- A - A´
2. Acompaña a música con algún instrumento de percusión que teñas na casa ou con algún obxecto (bote, culler, tapadeira, tarteira, caixa.....)que che permita acompañar a melodía, marcando con el os pulsos fortes. Fíxate ben nos debuxos que tes debaixo.
3. Fai a coreografía que aparece nos debuxos. Podes facelo ti so ou coa túa familia.
preme aquí debaixo na frecha para escoitar o audio
1. Escoita a Abertura Guillermo Tell do compositor Rossini seguindo o musicograma que tes aquí a continuación.
2. Con axuda dalgún instrumento de percusión ou obxecto que teñas na casa, acompaña a audición seguindo o esquema que aparece no musicograma.
Fíxate ben nos signos de repetición (II: :II).
preme na frecha que tes debaixo para escoitar o audio
1. Escoita a música seguindo a forma que aparece na imaxe.
2. Canta a canción acompañado da música.
3. Imita os xestos que aparecen nos debuxos mentres cantas a canción.
preme na frecha de abaixo para escoitar o audio
Nota re´
- Fíxate: A nota re aguda (re´) colócase na cuarta liña do pentagrama.
1. Debuxa, en redondas, as notas do´e re´no pentagrama.
2. Completa a canción Ron, ron, ron colocando as figuras que saíron do pentagrama no seu sitio
Novas actividades
3º Primaria
Escoita a canción Spring is here preme aquí
- Clasifica os seguintes instrumentos tradicionais por familias: vento, corda ou percusión.
- Pincha nos números que tes debaixo e relaciona cada melodía coa súa imaxe.
As actividades podedes envialas á seguinte conta de correo mediante unha foto ou un vídeo:
musicaceiplourido@gmail.com