EU QUEDO NA CASA
Ola a todo/as!
Hoxe ponse en marcha este blog coa finalidade de facer máis levadeiros estes días que estamos vivindo a maioría de nós, e que nos resultan tan extraordinarios.
Sabedes que hai moita xente que está traballando sin descanso para que esta situación remate pronto, e nós, todos nós, temos que aportar o noso gran de area para axudalos tamén a eles e elas...Como? Pois facendo dúas cousas moi sinxelas: Lavando moi ben as mans e non saíndo da casa. Si todo/as cumprimos estas normas ao pé da letra seguro que esta situación, que a ningún de nós nos gusta nada, rematará moi pronto.
Navegando por aí atopei este contiño escrito pola psicóloga Manuela Molina e que creo que vai resultar de utilidade para entender un pouco que é o COVID-19. Espero que vos sirva de axuda.
Un saúdo para todo/as e moito ánimo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario